O pintor lucense Eduardo Sampayo inaugura o venres a mostra “Amenceres de auga” na Capela de Santa María

por Redacción Lugo

O pintor lucense Eduardo Sampayo Montenegro inaugura este venres (20.30 horas) a exposición “Amenceres de Auga” na Capela de Santa María de Lugo

A mostra, que inclúe sesenta cadros de acrílico sobre lenzo na liña do expresionismo abstracto, forma parte dunha triloxía, que comenzou no 2017 con «Alboradas de metal», e continuou no 2019 con «Auroras de vento”.

A Capela de Santa María aséntase así como espazo aberto á creación artística contemporánea, despois de acoller nas últimas semanas, a mostra «FUTURO(S)», organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón para conmemorar o seu 50 aniversario.

AMENCERES

Os amenceres son o intervalo da mañá no que tras a misteriosa escuridade das alboradas e pasado o lene encanto das auroras, os poboadores diúrnos do planeta comezamos a ver a vida cos ollos máis ou menos abertos.

Os amenceres falan cadanseu idioma, teñen cadanseu recendo e cadansúa cor, nacen coa morte da lúa e morren co esplendor do sol e son efémeros, malia que moitos deles nos quedan gravados no corazón toda a vida.
Os amenceres son mutábeis como a mesma vida, e cada día visten o mundo cun traxe de estrea que vestiremos ata desbotármolo cando ao pechar mos os ollos rematamos ese pequeno anaco de vida que dura unha rotación do globo.

Quero que os meus amenceres vos acompañen nesta viaxe de lenzo e pintura e que ao final da visita todas e todos acabemos falando a súa linguaxe.

A AUGA

Hidróxeno e Osíxeno.

Choiva, mar, néboa, neve, sangue, orballo, poalla, océanos, ríos, nubes, bágoas, urina , suor, dioivo, géyser .

Todo, ti e mais eu, o que máis amamos hoxe e o amaremos mañá e que aínda non coñecemos, somos, sodes, seremos e serán auga.

A auga non ten cor nin ten forma, pero ten todas as cores e pode adoptar todas as formas, e non só iso senón que nos transforma, nos mergulla, nos posúe, está nas nosas emocións, soños e desexos.

Quero que os meus menceres sexan de auga e reflictan o ánimo dos que a contemplan.

Fonte, glaciar,regato, borraxeira , zarzallo, caldo, placenta, xeo, zume, iceberg, seimeira…

Hidróxeno

Osíxeno

Eduardo Sampayo Montenegro (Lugo, 1973)

Fascinado desde neno pola expresión gráfica, que coñeceu en cómics e libros ilustrados -desde Mortadelo e Tintín até os clásicos ilustrados das edicións Toray -, as súas primeiras clases de debuxo artístico foron no instituto Xoan Montes, co profesor José López Guntín, quen fomentou a súa afección pola arte figurativa e a os retratos.

Na trintena, viviu unha tempada en Salamanca e perfeccionou a súa técnica de debuxo artístico na academia de pintura de Clara Lurueña Miguel.

De volta a Lugo, no ano 2011, da man de Antonio García Durán, continuou a súa evolución artística cara a pintura abstracta, expresionaista e informalista na que se encadran as súas últimas obras.

A súa primeira exposición foi na Casa das Cores, en 2014. Desde esa data participou nas mostras colectivas “Achegando Disparidades” no Museo Interactivo Histórico Lucense, “Samos 0.1” no Mosteiro de Samos ou “Soños” en Ferretería Eventos.

Ese espazo cultural lucense acolleu tamén as exposicións individuais “Alboradas de metal” e “Auroras de vento”, a serie na que se encadra o proxecto artístico que o venres inaugura na Capela de Santa María.

 /></p></div><div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario