Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reúnense co Xefe Provincial da DXT “para avaliar posibles colaboracións na formación vial das nenas e nenos”

por Redacción Lugo

Arroxo: «Colaboraremos coa DXT para achegar o coñecemento sobre seguridade viaria ás escolas»

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández para, segundo explicou Rubén Arroxo, «avaliar posibles colaboracións no futuro, mellorando a formación en seguridade vial das nenas e nenos de Lugo».

O Tenente Alcalde destacou o traballo impulsado pola DXT nos últimos anos «para mellorar a seguridade nas rúas e estradas», e destacou que «en Lugo traballamos nestes anos para aumentar a seguridade peonil e calmar o tráfico, chegando a adiantarnos á DXT en medidas como a reducción de velocidade nas rúas de un só carril».

Arroxo destacou medidas como o plan de calmado de tráfico «que permiten ás e os peóns circular pola rúa con seguridade», e afirmou que «seguimos traballando para facer de Lugo un lugar amable coas persoas que decidan deixar o coche na casa e apostar por camiñar ou polos medios de transporte alternativos».

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballarán para «achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar aos centros de ensino».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario