Conde, Barreiro e Elena Candia, acompañados de varios alcaldes e voceiros da provincia consideran que foi unha lexislatura perdida en materia de infraestruturas
- «O que nos deixa o PSOE non é nin Alta Velocidade nin velocidade alta», destacou Conde, pois a velocidade dos trens Ourense-Lugo coas obras que está a facer o Ministerio é de 160 km/h, moi por debaixo dos valores que alcanza un AVE (300 km/h), e tamén inferior ás máximas do Eixo Atlántico (200 km/h)
- «A herdanza que nos deixa o Goberno socialista e de Podemos durante estes cinco anos coa connivencia do BNG en materia de infraestruturas é unha herdanza que Lugo non merece e que dende o PP rexeitamos», remarcou o número 1 á Cámara Baixa