15 formacións extraparlamentarias únense por “O Dereito para Coñecer da Cidadanía

por Redacción Nacional

A cidadanía ten dereito a coñecer

A cidadanía ten o dereito a coñecer directamente as propostas das diferentes candidaturas. As eleccións son unha das máximas expresións da democracia. Pero non pode existir unha democracia plena sen pluralidade política, sen información que permita decidir conscientemente o voto. Este é un principio no que estas eleccións deben ser exemplares. E para iso deben tomarse medidas que aseguren a pluralidade política, a igualdade, o dereito á información e á liberdade de expresión, amparados na Constitución e na Lei Electoral.

PRIMEIRO. Para que se cumpran os principios de proporcionalidade, igualdade e neutralidade informativa, de acordo ao esforzo de presentación que cada candidatura fixo territorialmente e na presentación dos avais esixidos por lei. Todas as candidaturas deben recibir un trato democrático, flexible e compensatorio con este esforzo, nos medios de comunicación.

Non actuar así supón unha inxustificada discriminación e vulnerar a pluralidade xurídica, privando a estas candidaturas da posibilidade de dar a coñecer á cidadanía os seus proxectos e ideas, cumprindo con elas en termos democráticos, tal e como elas o fixéron.

Se o acceso aos programas electorais vese limitado, impídese coñecer en iguais circunstancias que ao resto e recórtase o lexítimo dereito á información.

SEGUNDO. A igualdade non consiste en tratar a todas as candidaturas por igual, senón en tratar a cada cal en atención ás circunstancias e de forma proporcional, co fin de que poidan acceder ás mesmas metas que o resto. Por iso débese favorecer o coñecemento por parte da cidadanía de todas as candidaturas, e poder celebrar unhas eleccións que sexan exemplares e sinalen un camiño de desenvolvemento das garantías constitucionais.

TERCEIRO. Non é esixible ao electorado que polos seus propios medios pescuden cales son os programas electorais das candidaturas, e máis cando a garantía da pluralidade é responsabilidade da Administración.

Non dispoñer dunha distribución do tempo igualitaria, proporcional e compensatoria co esforzo realizado, nos medios de comunicación, supón unha vulneración de dereitos.

Por todo iso, as e os abaixo asinantes esiximos un trato democrático, igualitario, proporcional e compensatorio nos medios de comunicación durante a campaña electoral para todas as candidaturas, sexa cal for o seu ámbito territorial, tanto na cobertura, como nos debates e entrevistas. Porque para decidir, hai que coñecer en condicións democráticas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario