A Delegación Territorial da Xunta recibe aos máis de 120 participantes do campus de baloncesto Alex Llorca en Lugo

por Redacción Lugo

A Delegación Territorial de Lugo recibiu hoxe aos máis de 120 rapaces e rapazas que participan no campus de baloncesto Alex Llorca, que se celebra esta semana en Lugo co apoio da Xunta. Proceden de distintos puntos de Galicia e tamén doutras comunidades como Madrid, Barcelona, Asturias ou Canarias.

O delegado territorial, Javier Arias, mantivo un encontro con eles e cos responsables da iniciativa: o propio xogador Alex Llorca, o director do campus e adestrador, Mateo Rubio, e Rubén Engroba en representación da entidade organizadora.

Arias destacou a elevada participación e subliñou que o campus “medra en cada edición, sendo xa un referente deportivo na cidade de Lugo e desde logo unha das citas máis destacadas do verán”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario