A Unidade Veciñal de Dodro pasa a oposición ante a imposibilidade de acordo co PSOE

por Redacción Galicia

Despois de seis reunións os días 6, 8, 13, 15, 26 e 30 de xuño onde a UVD levou distintas propostas, tanto de acordos programáticos como de estruturación das áreas de goberno o PSOE convoca o pleno de organización sen contar cos anteriores membros do seu goberno da UVD.
Dende a UVD sempre tentamos a formación de un goberno progresista, mantendo o mesmo número de concelleiros que nas pasadas eleccións, que fose o mais amplo posible.
Fomos os únicos que levamos propostas ás reunións, entre elas a periodización das inversións no concello, a prioridade das mesmas, porque sabemos perfectamente as necesidades mais urxentes neste ámbito.
O acordo programático que aportamos á negociación tamén o fomos adaptando aos intereses do PSOE e practicamente estaba pechado.
Tamén levamos varias propostas de organización do goberno que fomos modificando nas negociacións coa intención de acadar o acordo pero non foi posible.
Foi a Unidade Veciñal de Dodro quen levou sempre a iniciativa nas negociacións, tanto aportando as propostas programáticas como a estruturación das áreas de goberno e a periodización das obras a realizar.
Se non estamos no goberno non foi culpa nosa.
Dende a Unidade Veciñal de Dodro tentaremos levar a cabo o noso programa de goberno dende a oposición sendo conscientes que se abre un tempo de negociación para o goberno de Dodro que está en minoría con só tres concelleiros e que non ten outra opción.
Faremos unha oposición leal e tranquila, contrastando coa que se veu facendo estes catro últimos anos, e quedamos a disposición de todos os veciños de Dodro para traballar polo ben común de todos.
ADIANTE¡¡

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario