Concello da Laracha e ADOS promoven a participación da veciñanza na campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista”

por Redacción A Coruña

A unidade móbil de ADOS estará neste verán na Laracha, Paiosaco e Caión

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, presentaron hoxe no Concello a campaña de verán de doazón de sangue que, do mesmo xeito que en anos precedentes, conta co impulso e a colaboración municipal.

Desde ADOS salientouse o talante solidario dos veciños e veciñas da Laracha que ao longo do ano 2022, efectuaron un total de 649 doazóns de sangue, o que representa unha taxa de 56 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, o que indica un  aumento do 7% con respecto do ano 2021.

Ante a constante necesidade de manter as reservas de sangue para garantir a labor dos hospitais galegos, o Concello e ADOS, impulsarán nos meses de xullo e agosto a participación da veciñanza nas campañas de doazón de sangue dentro da campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista” acercando unha unidade móbil aos tres núcleos urbanos.

Por último, o alcalde e a directora de ADOS animaron á cidadanía larachesa a achegarse a doar ás unidades móbiles que estarán durante o verán no termo municipal da Laracha, nas seguintes datas e lugares:

A Laracha (Praza do Concello)

  • Venres 14 Xullo: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
  • Martes 1 Agosto: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.

Caión (Praza Eduardo Vila Fano)

  • Mércores 2 de Agosto: 16:00 a 18:30 h.

Paiosaco (Campo da Feira)

  • Mércores 2 de Agosto: 19:00 a 21:00 h.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario