Continúan as obras de asfaltado da estrada de Bens ata o límite municipal con Arteixo

por Redacción A Coruña

O Goberno municipal completa deste modo as tarefas comezadas no 2022, cando se pavimentou o tramo desde a avenida de Fisterra e a praia de Bens

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Infraestruturas, acomete estes días traballos de pavimentación na estrada de Bens, no tramo que vai desde a cala ata o fin do termo municipal lindeiro con Arteixo. O obxectivo é mellorar a seguridade dunha vía que soporta unha alta carga de tránsito de vehículos pesados.

O Goberno municipal expropiou esta vía para poder acometer as obras, xa que era de titularidade privada. Esta semanas comezaron os traballos previos ao asfaltado da estrada, consistentes na limpeza e remarcación das cunetas e unha obra de drenaxe transversal. Está previsto que, en función das condicións meteorolóxicas, os labores de pavimentación se prolonguen durante todo o mes de xullo.

Deste xeito, complétanse os traballos de asfaltado da estrada de Bens que o Goberno municipal iniciou en maio de 2022 e que xa supuxeron a renovación de máis de 17.000 metros cadrados de firme. Daquela a actuación centrouse no tramo que conecta a praia de Bens co núcleo poboacional da Moura e a avenida de Fisterra.

Deste xeito, o Goberno de Inés Rey continúa amosando o seu compromiso cos distintos núcleos tradicionais da cidade. Durante os últimos catro anos, o Concello investiu máis de 1,5 millóns de euros na mellora do núcleo de Bens. Concretamente, levouse a cabo a renovación da rede de saneamento, a instalación da rede de pluviais e a pavimentación de diversas rúas.

Etiquetas , ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario