Composición do goberno local de Vilalba e áreas asignadas

por Redacción Lugo

O Concello de Vilalba informa da composición do goberno local para o mandato municipal 2023-2027, despois do pacto de goberno asinado entre as formacións de PSdeG-PSOE e Vilalba aberta.

Áreas de goberno dos concelleiros/as de PSdeG-PSOE:

-María Elba Veleiro Fernández: Alcaldía, Deportes e Promoción da Saúde.

-Marta María Rouco Seoane: Economía e Facenda, Servizos Sociais e Igualdade.

-Eduardo Vidal Baamonde: Servizos Públicos Municipais, Réxime Interno e Seguridade Cidadá.

-Paula Vigo Lamas: Feiras e Mercados, Educación, Infancia e Xuventude.

-Luis Fernández Álvarez: Infraestruturas Urbanas, Medio Ambiente e Espazos Naturais.

Áreas de goberno dos concelleiros/as de Vilalba Aberta:

-Modesto Renda Santiso: Urbanismo, Mobilidade, Infraestruturas Rurais e Desenvolvemento Industrial.

-Tamara Rodríguez López: Cultura.

-María Xosé Fernández Pardo: Comercio, Turismo e Promoción da Lingua.

Xunta de Goberno Local: Elba Veleiro Fernández; Modesto Renda Santiso; Marta Rouco Seoane; Eduardo Vidal Baamonde; Luis Fernández Álvarez, e Tamara Rodríguez López.

 Tenentes de Alcaldesa:

1º T.A. Modesto Renda Santiso.
2º T.A. Marta Rouco Seoane.
3º T.A. Eduardo Vidal Baamonde.
4º T.A. Tamara Rodríguez López.
5º T.A. Luis Fernández Álvarez.

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario