Lugo acolle o curso de verán da USC sobre nutrición no deporte de alto rendemento

por Redacción Lugo

O Deputado provincial Miguel Fernández inaugurou este martes xunto á Decana da Facultade de Ciencias, Asteria Luzardo, o curso de verán da USC Valoración nutricional e abordaxe personalizado do deportista de alto rendemento que se desenvolve por primeira vez no Campus Terra coa colaboración da Deputación de Lugo

O acto de apertura tivo lugar no Salón de Actos da facultade, que desde hoxe e ata o venres, acolle esta acción formativa na que estudantes, técnicos e expertos na rama da dietética afondarán sobre aspectos fundamentais para unha adecuada alimentación na práctica deportiva.

Miguel Fernández destacou o intenso compromiso da Deputación coa Universidade pública, “renovando ano tras ano o noso apoio ás iniciativas do Campus, tanto nos cursos de verán, coma na mellora de infraestruturas ou no desenvolvemento de iniciativas conxuntas, como é o caso da Granxa Experimental de Leite Gayoso Castro”. O Deputado felicitou á Universidade de Santiago de Compostela “por apostar pola educación continua con accións formativas coma esta, que xa forman parte dunha longa tradición, e que completan e dan un valor diferenciado á oferta do Campus lucense”.

As xornadas, que combinarán un formato de aprendizaxe de clases expositivas e interactivas, arrancaron na mañá deste martes coa intervención da traumatóloga especialista en medina deportiva e membro do equipo médico de Leite Río Breogán Luisa Ignacia Ibáñez, quen imparte o relatorio Fisioterapia e nutrición deportiva, parella de ases en recuperación de lesións? Xunto a Ibáñez, reputados expertos e investigadores do mundo deportivo de todo o país aportarán aos estudantes as estratexias nutricionais e consellos personalizados para mellorar o rendemento físico deportivo.

Deste xeito, estas primeiras xornadas contarán, entre outros, con Javier Amezaga Mariezcurrena, investigador doctor en Nutrigenómica e Nutrición persoalizada, AZTI (Bizkaia), Sergio Brisa e Emanuela Gornati, do CEO e chef deportiva de MIOBIO (Valencia), ou Francisco Miguel Tobal, médico especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte, director da Escola de Medicina do Deporte de Madrid na Universidade Complutense (Madrid).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario