Para Recortes Cero o importante é o que non se dixo no ‘Cara a Cara’

por Redacción Galicia

Mentres Sánchez e Feijóo se acusában mutuamente de non deixarse falar, produciuse outro debate en paralelo, ‘o da outra realidade sobre a que os candidatos de PSOE e PP calaron, porque tampouco poden falar’. Isto é o que pensa Nuria Suárez, candidata á Presidencia de Recortes Cero

‘Todas as semanas coñecemos un dato novo sobre os beneficios extraordinarios de bancos e monopolios, que como xa dixo a OCDE, son o resultado da inflación, non da boa xestión ou da bonanza económica, dito doutra maneira, enriquécense á conta do resto da sociedade, e no debate de onte non se dixo nin unha soa palabra deste atraco’. Segundo Nuria Suárez, ‘no bloque económico só se díxo unha frase sobre a difícil situación que está a pasar a xente e díxoa Feijóo para atacar a Sánchez, non para falar do que pasa’. En Recortes Cero consideran que ambos están incapacitados para falar dunha situación que non teñen intención de cambiar, e que é un tema tabú na campaña electoral, ‘un auténtico elefante na habitación que parece un vampiro porque non se reflicte no espello’.

“Nin unha soa vez se dixéron as palabras ‘redistribuír a riqueza’, nin se puxo riba da mesa nin unha soa medida para poñer fin ao atraco e mobilizar os recursos necesarios para crear nova riqueza e emprego”.

A formación, que é a única forza extraparlamentaria que se presenta en todas as circunscricións do país, ao Congreso e ao Senado, denunciou a semana pasada a exclusión dos extraparlamentarios dos debates nos medios, ‘o que fai Canle Estremadura organizando un debate con 10 candidatos é o futuro da comunicación electoral, é moi difícil que a xente volva aceptar un bipartidismo informativo’. Por iso rexistrou peticións de amparo en todas as oficinas das defensorías do pobo autonómicas e promoveu unha concentración na que participaron 14 formacións extraparlamentarias que representan ao 60% das listas.

Nuria Suárez, na súa valoración do debate de onte, concluíu que ‘o de menos é se foi bronco, ou se as maneiras indignáronnos a todo o mundo, mesmo se non escoitamos cales eran as súas propostas, porque ambos os candidatos están incapacitados para sinalar o atraco que estamos a sufrir traballadores, pemes e autónomos en todo o país, e que só se pode reverter redistribuíndo a riqueza, recuperando o rescate bancario, redistribuíndo os salarios ou blindando as pensións na Constitución’.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario