A Selección Galega absoluta viaxa a Pamplona

por Redacción Deportes

Un total de corenta atletas están convocados e convocadas esta fin de semana para tomar parte ca Selección Galega absoluta no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Pamplona.

Ao fronte da selección estará a olímpica e plusmarquista de España no concurso de peso Belén Toimil quen como como sempre, aparca os seus compromisos personais para estar un ano máis defendendo os intereses galegos. De igual modo, a campioa paralímpica Adi Iglesias, recén chegada dos mundiais de París nos que acadaba, ata o momento desta crónica, un subcampionato mundial, estará competindo sobre a distancia dos 200 m.

A internacional monfortina e campioa de España Saleta Fernández en altura, será xunto a xavelinista, e tamén medallista nacional Carmen Sánchez, dúas importantes bazas do noso combinado co cal intentar estar no top estatal nesta edición.

A maiores viaxarán o dobre campión galego de velocidade Javier García quen tomará parte nos 100 m. así como o recente subcampión de España Sub23 en martelo Eric Méndez. 

Para rematar, será  tamén moi importante o que poidan aportar os internacionais Mauro Triana nos 200 m,  Jacobo Soler nos 400 m., Hugo Vázquez nos 110 valos, Claudia Rojo nos 400 valos, Antía Castro nos 3.000 m., Alba Cuns en triplo, Blanca Pereira en martelo así como Carmen Escaríz e Dani Chamosa na especialidade de marcha.

Convocatoria

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario