O PP pide o apoio para «comezar unha nova etapa en España na que o rural galego volva estar na axenda do Goberno»

por Redacción Lugo

Os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, Francisco Conde e José Manuel Barreiro, interviron nun mitin no rural de Lugo xunto á presidenta provincial e voceira do Grupo Municipal, Elena Candia

  • O candidato do PP ás xerais por Lugo avogou por alcanzar «unha maioría suficiente para gobernar para todos e para contar cun sector primario máis competitivo, con máis emprego e máis estable»

  • Algunha das medidas do programa electoral son a revisión do Plan Estratéxico da PAC, a rebaixa do IVE da carne, a redución do custo da enerxía, combustibles e materias primas, a promoción do relevo xeracional, a mellora da fiscalidade no rural e o fomento da conciliación

  • Conde defendeu que «o PP é a única alternativa» para comezar «unha nova etapa» na que «levar a España o modelo galego» e sinalou que «votar a Vox en Lugo é o mesmo que votar a Sánchez»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario