Verín prepárase para vivir a festa da batucada 2023

por Redacción Ourense

Os días 28 e 29 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, desde desfiles infantís e concertos ata festa da espuma e este ano, como novidade, unha batalla de batucadas. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, que presentou o programa oficial acompañada de Javier M. Quintas, xerente da empresa verinesa Elogo Delivery, patrocinadora do evento.

A actividade comezará o venres 28, ás 11:00 horas, co colorido desfile infantil da ludoteca municipal, coa temática do mar e o mundo mariño, que partirá do Colexio Amaro Refojo e pasará pola Praza do Concello ata chegar á Praza García Barbón.

Pola tarde, de 16:30 a 19:00 horas, a festa trasladarase á praia fluvial do río Támega, onde haberá inchables  e animación musical patrocinados pola empresa verinesa de reparto Elogo Delivery. A continuación, ás 19:30 horas, haberá un concerto infantil da man de Gramola Gominola, unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.

Samanta Barreira quixo agradecer á empresa Elogo Delivery a súa colaboración co Concello para facer posible, coa súa achega económica, a festa na praia fluvial do río Támega. A concelleira destacou «a importancia de xerar este tipo de sinerxias entre o tecido empresarial e a administración pública, que permiten ofrecer aos veciños e veciñas actividades de lecer e cultura de calidade e gratuítas».

A noite do venres estará amenizada pola discoteca móbil Enjoy, que porá música e ambiente na Praza García Barbón desde as 23:00 ata as 2:30 horas.

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario