Aberto o prazo da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra para as súas clases infantís gratuítas de gaita, pandeireta e tambor

por Redacción Pontevedra

Tamén está en marcha o prazo de matrícula para poder inscribirse en Zanfona, Canto Tradicional, Corda Pulsada, Acordeón e Música e Movemento

A Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra ten aberto xa o prazo de matrícula para o seu novo curso 2023/24 e, un ano máis, volve a ofrecer clases  completamente gratuítas para nenos e nenas  a partir dos 6 anos nas modalidades de gaita, pandeireta e tambor.

Tamén haberá outras propostas formativas como Zanfona, Canto Tradicional, Corda pulsada, Acordeón e Música e Movemento, todas elas sen límites de idade.

As persoas interesadas en calquera destas clases tradicionais poden atopar toda a información ao respecto e formalizar a súa inscrición a través da web www.escoladegaitas.es o chamando ao 986487020.

Será o vindeiro luns, día 18 de setembro, cando comece o novo curso nas súas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sede física da Escola de Gaitas.

Máis de 5.000 alumnos y alumnas Despois de dar os seus primeiros pasos como asociación a principios do novo milenio e tras unha importante actividade dentro e fora de Galicia, foi no 2005 cando naceu a Escola de Gaitas chegando a contar con distintos centros operativos en distintos puntos das comarcas de O Salnés, Deza, Morrazo, Pontevedra y Vigo.

Pola Escola de Gaitas, pasaron xa uns 5.000 alumnos e alumnas e, na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.

No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxectivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Un proxecto formativo que busca afondar na riqueza musical da gaita, a zanfona e a percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe onde se combinan coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais.

Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas, a súa participación no Día da Hispanidade no 2003 en New York o Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) no 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España no ano 2022.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario