A IV edición de Elas Son Artistas visita a mítica sala Jazz Filloa da Rúa Cega este mércores 19 de xullo, antes de coller vacacións ata o mes de setembro onde retomarán unha intensa actividade no ciclo que pasará por 6 concellos da Área Metropolitana da Coruña
Cris Regueiro & The Neo Band ofrecerán dous pases, como é habitual no local, ás 21:45 e ás 23:00 horas. A entrada custa 10 euros, excepto as persoas socias da República Músical Mardi Gras que pagan 8.
Cris Regueiro & The Neo Band é un proxecto de Neo Soul formado por Cris Regueiro ao teclado, a voz e o looper, Ale Cambón ao baixo eléctrico e Bruno Couceiro á batería e percusión electrónica. Nos directos interpretan temas baseados nas composicións da cantante e teclista Cris Regueiro, os cales recollen no seu desenvolvemento a creatividade e o estilo aportado polos músicos que a acompañan.
Formados a finais de 2021, debutou en agosto do 2022. En marzo de 2023 lanzou o seu primeiro vídeo coa canción «Libérome». Actualmente atópanse preparando a gravación do que será o seu primeiro EP.