O PSdeG conmemora o 15 aniversario da incautación do Pazo de Baión e esíxelle a Feijoo «que pida perdón» ás vítimas da droga pola súa relación co narcotraficante Marcial Dorado

por Redacción Galicia

O PSdeG celebrou hoxe un acto de conmemoración dos 15 anos da incautación do Pazo de Baión das mans do seu titular, o narcotraficante Laureano Oubiña. Durante este acto, a presidenta do PSdeG e candidata ao Senado, Carmela Silva, esixiulle a Feijóo que “pida perdón” ás vítimas da droga pola súa relación co narcotraficante Marcial Dorado.O acto tivo lugar nas portas do Pazo e contou coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto con militantes e simpatizantes socialistas e entidades de loita contra a droga representadas pola presidenta de Érguete, Carmen Avendaño.

Na súa intervención, Silva emprazou directamente ao candidato do PP á presidencia e ex presidente da Xunta de Galicia a “pedir, perdón, darnos explicacións e falarlle ás familias que perderon tantas fillas e tantos fillos” pola súa relación co narcotraficante Marcial Dorado.

Lembrou que daquela amizade de 15 anos cun narcotraficante recoñecido derivaron contratos da administración pública que “logo desapareceron nunha inundación para que non houbera rastro”. Advertiu que “alguén que tivo unha relación duradeira de amizade profunda cun narco no podería en ningún outro país presentarse a candidato á presidencia”.

A responsable socialista recoñeceu o papel de Avendaño como “estandarte e exemplo” da loita contra a droga e contra uns narcotraficantes que “deixaron un camiño de morte e destrución na xuventude” de Galicia. “Unha vez mais, señor Feijóo, non ten nada que dicirlles a esas nais?”, remachou.

/>Símbolo contra a droga

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, lembrou que o próximo luns fará 15 anos da incautación do inmoble por parte dun goberno encabezado polo socialista Emilio Pérez Touriño, que “fixo o que tiña que facer”. Lembrou que o Pazo de Baión é hoxe “simbólico dunha loita de toda unha sociedade contra a lacra da droga” encabezada pola “amiga e referente Carmen Avendaño”.

Formoso advertiu da incidencia que segue a ter a drogadicción na sociedade galega e reclamou “poñer activas tódalas medidas que o sistema permita e convencer a toda a sociedade de que esta lacra crece”. Lembrou a loita protagonizada polas nais dos rapaces e rapazas afectados polas drogas, e que espertaron a toda Galicia a unha realidade “ante a inacción das institucións dun sistema que estaba corrupto”.

Subliñou que tiveron que ser Avendaño e as familias, xunto coa xustiza, as que puxeran en tela de xuízo ao sistema e “loitar contra esa gran lacra que tanto dano facía e fai en Galicia”. Advertiu que esta Comunidade Autónoma segue a ser un foco de entrada destas substancias, como evidencia a incautación de 22.000 quilogramos de cocaína só no ano 2022.

<img data-lazyloaded=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario