Sumar Galicia presenta o seu plan económico “laborista, feminista e verde”

por Redacción A Coruña

Os candidatos ao Congreso pola provincia de A Coruña Marta Lois e Manuel Lago, participaron este mércores nun encontro no que esbozaron a visión económica de Sumar.«Dende Sumar Galicia pensamos que a economía ten que estar ao servizo da cidadanía, e non ao revés», dixo Marta Lois.«A política e a economía teñen que ser instrumentos para vivir mellor».Unha economía para unha vida mellor, dixo a candidata, significa ter «máis emprego, que ese emprego sexa de calidade e que as condicións do traballo sexan mellores».«Traballar menos, traballar mellor e cobrar o mesmo, ou incluso máis. Fixémolo e farémolo. Defender o poder adquisitivo fronte os efectos da inflación e as mentiras de Feijóo».«Revalorizar as pensións dos nosos maiores e subir o SMI. Facer unha economía feminista, si, feminista, cun mercado laboral máis inclusivo, non discriminatorio, porque ese vello lema de igual traballo, igual salario, segue aínda hoxe vixente».Pola súa banda, Manuel Lago, asesor económico no Ministerio de Traballo, puxo en valor «o cambio de paradigma no mercado laboral» que supuxo a chegada de Yolanda Díaz ao goberno.«Chegamos ao Ministerio sabendo que tiñamos que acabar con ese modelo de temporalidade e baixos salarios», explicou Lago.  «España tiña que acabar con esa anomalía da temporalidade, tiña que apostar polo emprego estable».«En menos dun ano dende a reforma laboral, fomos capaces de acabar con esa temporalidade estructural, agregou o candidato. «Cambiamos o paradigma da contratación».Pero Sumar non quere quedarse co xa feito, senón que ten un ambicioso programa para por a economía ao servizo da xente.«Nós presentamos un programa laborista, feminista e verde», dixo Lago. «Un programa laborista porque ten o traballo no centro».Lago falou de catro medidas centrais nese sentido: seguir subindo salarios, a redución da xornada sen redución salarial, rematar coa fenda de xénero e aprobar un estatuto do traballo do século XXI.«Nesta lexislatura fomos capaces de acabar coa anomalía española da temporalidade. Agora comprometémonos a acabar coa anomalía española do paro», enfatizou Lago.«O que nós propomos vén do que xa fixemos».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario