Ou retrocedemos ao horror, ou avanzamos

por Héctor Sánchez
 />Hai unha opinión común. Estas Eleccións son transcendentais. Poden supoñer seguir avanzando, ou retroceder ao horror. Hai xa un dato que marca a transcendencia. Para este 23 de xullo hai unhas 2.400.000 solicitudes mentres que nas do 2.019 votaron por correo 997.000 persoas.</div><div dir=CONDICIONANTES DESTAS ELECCIONS
Coma sempre, unha principal é a quen apoia o PODER ECONOMICO – que repercutirá no 90% dos Medios-, poder que maioritariamente apoia ao PP e outra a VOX.
Outro gran condicionante son os PREZOS, que sigue caros na Alimentación; os SALARIOS que son insuficientes para os prezos; o número de traballadoras e traballadores EN ACTIVO que aumentou; e en PARO que baixou.
Outro gran condicionante é o AMBIENTE SOCIAL que deixou claro nas Eleccións do 28 de maio o avance da dereita extrema.
No AMBIENTE SOCIAL influíu moito a PANDEMIA DO CORONAVIRUS para a cal ningún goberno estaba preparado e menos se a dereita extrema do PP e VOX atacaban miserablemente calquera cousa que fixera o Goberno.
E tamén no AMBIENTE SOCIAL inflúe a GUERRA DE UCRAINA que merece un repudio pola invasión de Rusia, pero que por pertencer o Estado Español á OTAN dirixida por Estados Unidos, os Gobernos Europeos fan o que Estados Unidos quere.
As medidas tomadas, provocan as contramedidas do Goberno de Rusia que repercuten inevitablemente nos Países Europeos afectando especialmente AS MAIORIAS SOCIAIS , especialmente nos PREZOS, que provocou que nas Eleccións Xerais do 2022 e 2.023 en quince países europeos a xente castigou ao seus Gobernos e houbo unha viraxe á dereita, similar ao que ocorreu o 28 de maio nas 12 Autonómicas e Municipais.
A SITUACION PREVIA AO 23 DE XULLO
Caracterízase ata o 16 de xullo por una maior fortaleza da dereita extrema do PP e VOX, o PSOE á baixa e a aparición da nova Organización -SUMAR- composta por moitos partidos.
Algo que moveu o ambiente social foron os pactos do PP e VOX en Autonomías e Concellos que amosaban que querían eliminar cantidade de dereitos sobre as mulleres transformando as concellerías e chegando a negar a violencia machista baixo o eufemismo de » violencia intrafamiliar», ou negando o cambio climático ou prohibindo obras teatrais.
Isto provocou moito medo en moita xente que non queremos volver a tempos de horror e abriuse ao terreo do avance.
Notouse claramente na ampla participación no voto por correo.
O resto da campaña foi o típico.
Os violentos ataques verbais do PP e VOX contra o PSOE e Pedro Sánchez, e as intervencións das Organizacións favorables ao avance.
Algo que moveu o ambiente social foi que Feijóo estivo mellor no debate con Pedro Sánchez.
Pero Feijóo estivo mellor en base a moitas mentiras que Sánchez non rebateu ben, mentiras que esta semana Feijóo estannas recibindo coma un boomeran, agravado pola xornalista de RTVE -Silvia Intxaurrondo- que nunha tensa entrevista con Feijóo deixou claro que Feijóo mentiu cando dixera que o PP revalorizara sempre as pensións conforme ao IPC, algo que non fixeron no 2012, 2013 e 2017.
A partir do luns 17 ata o mércores 19 houbo un xiro polo cal o PP xa non pode utilizar comodamente o de «derogar o sanchismo» para pasar a ser protagonista de «FEIJOO MENTIREIRO» ata o punto de que o mércores o ABC e EL MUNDO escribiron que Feijóo «non diga ambiguedades».
O DEBATE A TRES DO MERCORES 19
Algo imperdonable é que alguén que quere ser Presidente non vaia a un Debate na RTVE pública.
Feijóo non quixo ir ao Debate porque pensou que non tiña nada que ganar ao estar con Abascal e ter que respostar a Yolanda Díaz e Pedro Sánchez.
Pero non puido estar ausente polas 25 alusións que lle fixeron a Feijóo-Abascal e as varias que fixo o presentador -Xavier Fortes- de que Feijóo non estaba.
Resumindo moito: Abascal deixou moi clara a súa ideoloxía negacionista sobre a violencia machista; os dereitos das mulleres coma persoas e non persoal subordinado; que as persoas migrantes son de 5a categoría coma @s LGTBI; que está a favor da rebaixa de impostos en vez dunha fiscalidade xusta que impida, por exemplo, que unha persoa autónoma pague o 17% e as grandes empresas paguen o 3%.
Destacou a boa sintonía de Yolanda Díaz e Pedro Sánchez.
Pedro Sánchez cumpliu ben o seu obxectivo de recuperar votantes do PSOE que o 28 de maio votaron PP utilizando unha faceta más institucional.
E tal coma recoñeceron xornalistas de El diario.es, InfoLibre e incluso El Mundo, la Razón  que participaron no debate analítico posterior ao Debate, foi Yolanda Díaz a gran ganadora cun discurso de esquerdas enfrontándose abertamente a ideoloxía ultra reaccionaria de VOX, defendendo a ultranza os dereitos das mulleres; unha fiscalidade xusta; ás persoas LGTBI e regulando mellor a política migratoria para que persoas migrantes sexan de 1a categoría; así coma preparar mellor a política para que o cambio climático non nos afogue; e impedir calquera censura contra a cultura.
Tamén diferenciouse do PSOE na Lei de Vivenda e contra a xubilación aos 70 anos.
En resumo, un debate moi ben prantexado pola RTVE PUBLICA que facilitou que se coñeceran mellor as posicións dos partidos e fora un debate construtivo.
Ogallá o domingo 23 teñamos uns resultados construtivos que permitan un Goberno Progresista e non volver a tempos de horror.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario