Formoso apela en Ourense a un voto útil «con ilusión e esperanza» para culminar «a remontada» e «construír un país de dereitos e liberdades»

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pechou a campaña en Ourense apelando novamente a realizar un voto útil ”con ilusión e esperanza” para culminar “a remontada” e seguir construíndo “un país de dereitos e liberdades.

Nun mitin celebrado este venres en Ourense, os socialistas galegos saíron á rúa para pedir o voto por última vez nesta campaña antes das eleccións do domingo. O encontro contou coa intervención de Abel Caballero, alcalde de Vigo, así como as candidatas ourensás ao Congreso, Marga Martín e Noela Blanco, e o candidato ao Senado, Rafael Villarino, ademais do xa mencionado Formoso.

 />A praza elixida polos socialistas para facer o seu acto central no último día de campaña non é casual, xa que aseguran que están a tan só 500 votos de arrebatar un escano ao PP na provincia de Ourense. Por elo, apelan a concentrar o voto no PSOE, pero non de simple maneira utilitarista, senón para “para mirar ao futuro con ilusión e esperanza, coa seguridade de que haberá un goberno que protexa o público, o de todos”, alegou Formoso.</p><p><strong>O ÚNICO VOTO PARA FREAR Á DEREITA</strong></p><p>“Hai que dicilo con respecto aos votantes e ao resto de opcións política, pero sen complexos: votar a Sumar ou ao BNG en Ourense ou Lugo é axudar a que Feijóo sexa presidente e Abascal vicepresidente”, asegurou o dirixente socialista. Tamén advertiu dos riscos para a provincia da chegada dun goberno de dereita que “ameaza as pensións públicas” e que “agrava o despoboamento privando ao rural dos servizos públicos que necesita”, alegou.</p><p><img data-lazyloaded=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario