A Deputación de Lugo esixe á Xunta que poña fin aos recortes de persoal na educación pública

por Redacción Lugo

O Pleno, a proposta do Goberno e cos votos en contra do PP, acordou demandar ao Executivo galego que rectifique a decisión de reducir profesorado en diferentes colexios públicos da provincia como o de Abadín ou o do Incio, que elabore un plan educativo específico para o rural galego e que instaure un sistema universal de gratuidade de libros

– “A política de abandono do rural galego do PP fai que as familias teñan cada vez menos opcións para comezar o seu proxecto vital lonxe das cidades”, sinalou a Voceira socialista, que denunciou a perda de 841 docentes e 164 centros dende que goberna o PP na Xunta

– A institución provincial reclama tamén á Administración autonómica “medidas urxentes” para resolver as carencias da sanidade pública na provincia de Lugo, onde “a xestión de Feijóo e Rueda pechou os centros de Castro, Parga, Castro de Rei ou Nadela”

– A Corporación aprobou ademais a creación do Tribunal Administrativo de Asuntos Contractuais da provincia de Lugo e a solicitude do Concello de Alfoz para o cambio de titularidade da estrada provincial LU-P-0202, de San Mamede a San Acisclo

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario