Podemos Galicia rexeita que o Rei emérito “se pasee libremente por Sanxenxo cando aínda non deu explicacións”

por Redacción Galicia

«Xa se vía recibido cos brazos abertos por un Goberno de dereitas para garantirlle silencio e impunidade» afirma Borja San Ramón, Coordinador Nacional da formación

Borja San Ramón, líder autonómico de Podemos en Galicia, rexeitou que «de novo, Juan Carlos de Borbón volva a Galicia con total normalidade, despois de fuxir a Abu Dabi sen dar ningunha explicación das informacións publicadas sobre a súa fortuna».

O Coordinador Nacional da formación destacou que «xa hai informacións publicadas que afirman que o ex monarca estaría buscando residencia permanente en Galicia». Para San Ramón, este cambio se debería a que o emérito «xa se vía recibido cos brazos abertos por un Goberno de dereitas para garantirlle silencio e impunidade». O líder autonómico destacou que «esta escena so é posible polas xestións do alcalde popular de Sanxenxo». «Delincuentes en barcos, a marca de auga do señor Feijóo», ironizou.

Dende a formación morada destacan que a Comisión de Investigación sobre a fortuna que adquiriu Juan Carlos de Borbón «mentres exercía as súas labores de Xefe de Estado leva anos bloqueada no Congreso» e reclaman que «non se desperdicie a oportunidade histórica que supón unha segunda maioría progresista para esclarecer os feitos dunha vez por todas».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario