A Deputación da Coruña contará con dez áreas de goberno

por Redacción A Coruña

O pleno aproba por unanimidade a proposta de organización do goberno provincial, que incorpora novas áreas como Industria, Política Demográfica, Mar e Medio Rural, Comercio e Cadea Agroalimentaria ou Avance Dixital

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no mandato 2023-2027. Todos os puntos da orde da día foron aprobados por unanimidade.

O goberno provincial estará conformado polo PSOE e o BNG e presidido por Valentín González Formoso (PSOE), tras pacto de goberno asinado por ambas formacións políticas. Xosé Regueira Varela (BNG) será de novo o vicepresidente do goberno provincial.

O pleno aprobou a creación de dez comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:

  1. Deputado de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)

 

  1. Deputada de Política  Social, Educación e Mocidade: María del Mar García Vidal (PSOE). Delegación especial en materia de Educación e Mocidade: Eudoxia María Neira Fernández (PSOE)

 

  1. Deputada Sectores Produtivos: Mar e Medio Rural: Cristina Capelán Cancelo (PSOE)

 

  1. Deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios. Cristina García Rey (BNG)
  2. Deputado de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria: Xosé Regueira Varela (BNG)

 

 

  1. Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais: Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE)

 

  1. Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG). Delegación especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: María Soledad Agra Tuñas (BNG)

 

  1. Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Xosé Penas Corral (BNG)

 

  1. Deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica: Rosa Ana García López (PSOE)

 

  1. Deputado de Deportes. Antonio Leira Piñeiro (PSOE)

As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas asignadas, a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias delegadas.

As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doce deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grupo Provincial Socialista, dous ao Grupo do BNG e un de Alternativa dos Veciños.

Portavoces dos grupos políticos

Os e as portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Evaristo Ben Otero (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), Avia Veira González (BNG) e Ángel García Seoane (AV)

Xunta de Goberno e pleno

A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e estará integrada polo presidente, Valentín González Formoso (PSOE)  e os dez deputados seguintes: Xosé Regueira Varela (vicepresidente.BNG), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), José Ramón Rioboo Castro (PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE), Rosa Ana García López (PSOE), María del Mar García Vidal (BNG), Cristina García Rey (BNG), Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG) e Xosé Penas Corral (BNG).

As sesións plenarias ordinarias celebraranse con periodicidade mensual, o último venres de cada mes ás 12 horas.

Réxime de retribucións e indemnizacións

O presidente pasa dunhas retribucións anuais brutas de 77.394 euros a 80.000 €, mentres que as do vicepresidente pasan de 68.171 euros a 72.369,75 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 69.441,14 euros brutos ao ano.

O pleno aprobou un total de 17 dedicacións exclusivas, as mesmas que no anterior mandato (incluíndo as do presidente e o vicepresidente) por un importe bruto total de 1.193.986,85 euros anuais.

As indemnizacións por asistencia a pleno seguirán sendo de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros, igual que no anterior mandato. Cando coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a percibir unha soa asistencia.

O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual.

Nomeamento de representantes da Deputación en organismos

O pleno aprobou tamén o nomeamento dos representantes da Deputación en diferentes organismos, segundo o seguinte cadro:

ORGANISMOREPRESENTANTE/S
AFIGALDna. MARÍA DEL MAR GARCÍA VIDAL
BIBLIOTECA DO REAL CONSULADODna. NATIVIDAD DE JESÚS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUN­TA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPU­TACIÓNS PROVINCIAIS EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAISD. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO
COMISIÓN GALEGA DE COOPERACIÓN LOCALD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
COMISIÓN GALEGA DE PROTECCIÓN CIVIL 

Dna. CRISTINA CAPELÁN CANCELO

COMISIÓN INSTITUCIONAL NO MARCO DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN DE DESENVOLVEMENTO DO PACTO LOCAL PARA A XESTIÓN DO CICLO URBANO DA AUGA ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E A XUNTA DE GALICIADna. MARÍA DEL MAR GARCÍA VIDAL
COMISIÓN PROVINCIAL DE COLABORACIÓN DO ESTADO COAS CORPORACIÓNS LOCAISD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
 

COMISIÓN PROVINCIAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO DA CORUÑA

Dna. MARIA SOLEDAD AGRA TUÑAS
 

XUNTA CONSULTIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO

 

D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
 

CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE PORTOS DE GALICIA

D. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO
 

CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR, S.A.

D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
 

COMISIÓN MUNICIPAL DO DEPORTE DA CORUÑA

D. ANTONIO LEIRA PIÑEIRO
CONSELLO REITOR DA AXENCIA TURISMO DE GALICIAD. XOSÉ REGUEIRA VARELA
CONSELLO TERRITORIAL DA PROPIEDADE INMOBILIARIA DA CORUÑA CAPITAL E PROVINCIAD. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS
CONSORCIO DO DEPÓSITO FRANCO DO PORTO DA CORUÑAD. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO

D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS

D. ANTONIO LEIRA PIÑEIRO

CONSORCIO PROVINCIAL DA CORUÑA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTOD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO

D. XOSÉ PENAS CORRAL

D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO

CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Comité Provincial)Dna. ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIASD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIASD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADEDna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL
FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELAD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE RELACIÓNS LABORAIS DA CORUÑA (Padroado)Dª CRISTINA CAPELÁN CANCELO
 FUNDACIÓN EUGENIO GRANELLDna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
FUNDACIÓN EXPONAVD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FUNDACIÓN GALICIA – EUROPAD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTEDna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTERDna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
FUNDACIÓN PRIVADA DEMOCRACIA Y GOBIERNO LOCALD. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRODna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOSDna. ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA – FUACD. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS
INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA (IFECO)D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS

D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO

 

MESA POLA MOBILIDADE SUSTENTABLE DA CORUÑA

 

Dna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL
MESA PROVINCIAL DE COMERCIO LOCALD. XOSE REGUEIRA VARELA
 

MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN

Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
 

MUSEO DO POBO GALEGO

 

Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
 

PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Dna. MARIA SOLEDAD AGRA TUÑAS
PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUMEDna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL
PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICASD. XOSÉ REGUEIRA VARELA
RED ESPAÑOLA DE TURISMO INDUSTRIAL (RETI)D. XOSÉ REGUEIRA VARELA
 

REDE DE ENTIDADES LOCAIS PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL (REDES)

Dna. MARIA DEL MAR GARCIA VIDAL
RESERVA DA BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEODª CRISTINA CAPELÁN CANCELO

D. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO

D. XOSÉ REGUEIRA VARELA

D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO

SECCIÓN DE EELL CON AGUAS MINERALES Y TERMALES DE LA FEMPD. XOSÉ REGUEIRA VARELA
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario