PP e BNG de Touro deixan sen salario ao alcalde

por Gonzalo Soto

O Goberno Local de Touro quedou constituído polos membros de Movemento Veciñal de Touro (4 Concelleiros) máis o Partido Galego (1 Concelleiro). O Movemento Veciñal de Touro mantén vixente a proposta feita pública na cal reserva un posto da xunta de goberno ao concelleiro do BNG así como unha área de goberno a acordar, proposta que de momento non foi aceptada polo BNG.
A proposta organizativa do goberno levada ó Pleno polo Alcalde contempla unha única dedicación (parcial cunha dedicación mínima de 30 horas semanais) e unha asignación económica igual a 2 veces o salario mínimo (30.240 € brutos anuais). Esta proposta foi rexeitada polos votos de PP e BNG, deixando ó Alcalde sen salario. Esta sintonía entre PP e BNG provocou malestar e protestas entre os asistentes ó Pleno.
O único concelleiro do BNG, Xoán Louzao, incluso presentou unha enmenda á proposta salarial do Alcalde na que pretendía impoñerlle un salario bruto anual de 15.120€. Esta enmenda non se puido someter a votación por defectos de forma.
Resulta inexplicable o posicionamento do Concelleiro do BNG contra a proposta salarial do Alcalde, pois fai 4 anos, cando se someteu a votación o salario do anterior rexedor, Ignacio Codesido do PP, cun importe de 43.000€, este concelleiro do BNG, propuxo un salario anual de 32.000€ e 2.200€/mes para o Alcalde-sustituto por unha adicación parcial de 25 horas semanais. Deste xeito, a proposta salarial do concelleiro do BNG para o Alcalde do PP fai 4 anos, era máis elevada que a que pide para sí o Alcalde actual.
O Movemento Veciñal entende que este posicionamento conxunto de PP e BNG únicamente persigue a  dimisión do goberno pola vía da asfixia económica dos seus membros;  nunha práctica da política levada á extorsión, pretensións ante as que non vai ceder o goberno.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario