A primeira xira mundial de Victoria Codesal, con Galicia como punto de partida

por Gonzalo Soto

Os pés en Bélxica, onde leva anos triunfando con diferentes proxectos, e a cabeza e o corazón en Galicia, de onde nace a súa inspiración e as súas raíces. Verónica Codesal regresa aos escenarios cun novo proxecto, 100 Voltas, no que fusiona as raíces galegas que a viron nacer como artista con influencias de todo o mundo, e no que envorca todo o seu talento compositivo, acompañada non só de grandes músicos, senón tamén de coñecidas voces da poesía galega contemporánea. Tras o seu segundo posto en Eurovisión en 2003 representando a Bélxica como líder do proxecto Urban Trad, e con máis de dúas décadas sobre os escenarios ás súas costas, Verónica Codesal regresa agora ás súas raíces, figurada e fisicamente, cun disco que virará por Galicia entre o 24 e o 30 de xullo.

A voz galega universalAs raíces familiares e musicais de Verónica Codesal están en Galicia -os seus pais emigraron desde Guitiriz a Bélxica, país que a viu nacer en 1977-, e toda esa tradición envórcase en 100 Voltas dunha forma moi especial, con composicións que fusionan a tradición galega con diferentes influencias.Acompañada dos belgas Didier Laloy ao acordeón diatónico e Damien Chierici ao violín, e do tongoleño Boris Tchango á percusión, Codesal constrúe un universo sonoro propio que bebe das fontes tradicionais galegas, e ao que incorpora ritmos árabes, do leste de europa, ou do folck-pop máis rítmico. A esas cancións tradicionais suma letras propias, e outras asinadas por algunhas das voces máis recoñecidas da poesía galega contemporánea, como Lucia Aldao, Yolanda Castaño, Rosalia Fernández Rial ou Brais Fernandes.Tantas voces femininas responden a un claro obxectivo: deixar claro o compromiso da artista co feminismo, que se ve claramente reflectido nunhas letras nas que a muller é protagonista indiscutible.Todo este espírito galego que impregna o proxecto levou a Verónica Codesal ha elixir Galicia como punto de partida para a presentación deste disco, na que será a súa primeira xira mundial.

 Xira galega 100 Voltas chegaba o  24 de xullo a Galicia, nunha mini xira moi especial coa que Verónica Codesal  conectou co público galego na Illa de Arousa, A Coruña, Salvaterra do Miño, lugares onde actuou ata agora, dunha forma intensa pero tamén participativa, en directos que son capaces de converter nunha festa a experiencia.

  • 29/07/2023 – 22:00 horas
    • Parque de San Francisco
    • Ribadeo
  • 30/07/2023 – 21:30 horas
    • Praza da Quintana
    • Santiago de Compostela

Esta xira está organizada por SceneOff vzw, axencia de management, booking e produción, e conta co apoio da Fédération Wallonie-Bruxelles, Secteur deas Musiques e Wallonie-Bruxelles International.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario