Unha decena de actividades que terán como escenario diferentes barrios do municipio
O concello do Rosal presenta unha programación cultural para o mes de agosto que ven chea de música, cinema e propostas para público familiar. As actividades realizaranse en diferentes espazos do municipio.
O martes, día 1 de agosto, terán lugar na Finca Son Rural, no Tabagón, a actuación do Mago Paco para público familiar, e o concerto do Quinteto Suso González, ás 20 e 21 horas, respectivamente.
Nesa mesma primeira semana de agosto, na Praza do Calvario, actuará o Cuarteto Caramuxo, o xoves ás 22 horas, dentro da programación do Rosal Cámara Fest. O sábado a partir das 20.30 horas o público poderá gozar do Festival de Músicos Xoves, que celebra este ano a súa edición número 32. Pola súa banda, o o Encontro de Corais celebrarase o domingo 6, a partir das 20 horas, na Igrexa de Santa Mariña.
O ensemble de cámara Camerata Arven será o protagonista do serán do 8 de agosto, cun concerto moi especial na Igrexa de Santa Mariña. San Vicente en Marzán acollerá o 18 de agosto a actuación musical de Que de que, e o sábado 19, será a Abadía Eiras o escenario para o Cuarteto do pianista vigués Sergio de Miguel.
A programación cultural do mes de agosto péchase coa proxección de dous filmes ao aire libre. O xoves 24 será a comedia ‘Cuñados’, ás 21.30 horas na praza de Novás, mentres que o martes 29 será a quenda de ‘Matria’, na praza de Fornelos. Unha oferta cultural aberta a todos os públicos e aos diferentes barrios do Rosal.