A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro con mulleres distinguidas co galardón ‘A Barca de Sálvora’, outorgado cada ano polo Centro Galego de Avellaneda, en Bos Aires, a mulleres destacadas desta colectividade. A conselleira trasladoulles a súa admiración como ribeirense por seguir dando a coñecer a historia e os valores da súa terra aos galegos na diáspora.
A distinción ‘A Barca de Sálvora’ recoñece desde o ano 2019 a solidariedade, o valor e a empatía de tres mulleres destacadas da colectividade con motivo do Día Internacional da Muller. Emprégase a historia das Heroínas de Sálvora —Josefina, Cipriana e María— que no ano 1921 lograron rescatar a numerosos náufragos tras o afundimento do barco Santa Isabel que navegaba preto das costas de Ribeira.
Fabiola García mantivo un encontro en Bos Aires con mulleres distinguidas co galardón ‘A Barca de Sálvora’
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario