Éxito no primero paseo do proxecto Descubrindo o Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa con Guido Guía

por Redacción Lugo

O pasado sábado 29 de xullo comezaron os paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

Esta primeira actividade contou con máis de 135 persoas que recorreron o roteiro de Friol de tres horas de duración e logo puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais e tamén da actuación dunha das agrupacións de música tradicional da zona, Xesta Verde.

 />Este ciclo de actividades lúdicas e culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.</p><p>A seguinte será o 9 de setembro en Guntín aínda que se irán anunciando máis datas nos distintos municipios.</p><p><img data-lazyloaded=info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario