O PSdeG convoca aos seus alcaldes para analizar as accións a tomar polo forte incremento do canon da auga da Xunta

por Redacción Galicia

Varios concellos están a recibir reclamacións de facturas abultadas pola entrada en vigor dos tres novos impostos creados polo goberno galego para o subministro e depuración de augas

A dirección do PSdeG-PSOE convocou para este martes unha xuntanza cos seus alcaldes e alcaldesas afectados polo forte incremento de tarifas dos distintos canon da agua que está notificando a Xunta de Galicia, coa finalidade de analizar as accións a tomar ante esta situación.

A reunión ven motivada polo incremento dos custes que Augas de Galicia lle está a trasladar aos concellos pola aplicación dos tres novos canon creados polo goberno galego: o canon da auga propiamente dito, o canon de xestión de depuradoras e o canon de xestión de redes de colectores.

Algúns concellos viron como as tarifas que antes pagaban se incrementaron de maneira moi importante, ata o punto de chegar a comprometer a súa sostibilidade financeira e viabilidade económica.

Na reunión participarán o secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, así como o secretario de Política Municipal e presidente da Fegamp, Alberto Varela, así como varios alcaldes e alcaldesas afectados, especialmente os daqueles municipios que contan con estación depuradora que xestiona directamente Augas de Galicia, pois son os que están a recibir as reclamacións maiores.

A reunión terá lugar la sede nacional do PSdeG, na compostelá rúa do Pino, e ao termo da mesma informarase ao medios da situación xerada e das accións que se levarán a cabo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario