A voceira socialista no municipio, Carmen Acuña, preguntou por esta cuestión ao Goberno local no pasado pleno, e afirma que o alcalde “non lle deu moita importancia”.
Acuña sinala que este plan de mobilidade é “o único que ten”, e ademais “o encargou, aprobou e pagou” o propio Goberno municipal. “Preferiu metelo nun caixón e sacar a pasear o Oleiros guapo”, lamentou a socialista.
O plan aprobado pola corporación recolle no seu texto, entre outras cousas, “a problemática existente en núcleos como Santa Cruz, nos que os usuarios das praias estacionan en zonas non delimitadas como zona azul, o que obriga a residentes e traballadores a pagar por estacionar ou dar voltas”.
A voceira socialista indica que o plan “tamén sinala que esta situación se da a carón do Centro de Saúde de Mera, e eu engadiría tamén moitas zonas máis, como Santa Cristina ou Bastiagueiro”.
Acuña esixe ao Concello que aplique as medidas previstas no texto aprobado, que inclúen permitir aos residentes “aparcar na zona azul de maneira gratuíta” ou crear “zonas específicas en rúas principalmente residenciais onde só se permita o aparcamento aos residentes, e fixar varias prazas reservadas aos usuarios do centro de saúde de Mera”.
“O propio plan encargado por vostedes tiñan un horizonte de implantación de a curto prazo, solo o desinterese por este grave problema ou a neglixencia poden explicar que non se teñan posto en marcha”, sinalou no último pleno Acuña, que considera que a mobilidade é “o problema máis grave de Oleiros”.
Foto del libro «Oleiros guapo»