O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luis López, para tratar diversos proxectos relativos a infraestruturas municipais
Entre outros asuntos, na xuntanza avanzouse no proxecto de construción do centro de maiores no concello, para o que contaron coa presenza do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e de persoal técnico.
Arias agradeceu “a presencia do Director Xeral de Maiores para analizar as propostas técnicas, co obxectivo de facer realidade o compromiso avanzado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na súa última visita ao concello do Páramo”.