A Representación Sindical dos Bombeiros Comarcais de Galicia ven de sufrir o menosprezo mais grande o que se lle someteu dende fai 20 anos

por Redacción Galicia

O luns convócase a parte traballadora a unha reunión no edificio da Xunta de Galicia na Sala de Reunións da Vicepresidencia Primeira para asinar un Protocolo de Colaboración coa finalidade de establecer un marco de diálogo e colaboración en aras a normalizar o funcionamento dos catro consorcios provinciais de Bombeiros.

Dende a parte traballadora contestámoslle que ese protocolo ten que estar consensuado con nos e que a desconvocatoria de folga non se vai producir namentres non haxa avances na negociación do Convenio Colectivo que ten que homoxeneizar as condicións de tódolos Bombeiros de Galicia. Non recibimos resposta.

Hoxe, día 02 de Agosto de 2023, sendo ás 09:30 horas da mañá tal e como se quedara na convocatoria de reunión, entra no edificio da Vicepresidencia unha representación do Comité de Folga. Vemos pasar a tódalas autoridades convocadas entre as que se encontraban:

• Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Diego Calvo.
• Director Xeral da Xunta de Galicia, D. Santiago Villanueva.
• Presidente da Deputación de Ourense, D. Luis Menor.
• Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Luis López.
• Deputado Provincial Deputación de Coruña, D. Jose Ramón Rioboo.
• Deputada Provincial Deputación de Lugo, Pilar García.

Como soe ser normal a parte traballadora queda a espera de que os avisen e entrar a sala de xuntas a falar do que corresponda. Para a nosa sorpresa encontrámonos con que un a un pasan tódalas autoridades por diante de nos dirección a porta de saída cun simple saúdo de despedida, pola nosa parte sentimos que é un desplante e un menosprezo nunca antes presenciado cara a parte traballadora. Sorprendidos e sen recibir ningún tipo de información o respecto somos os traballadores os que nos diriximos ao gabinete de Vicepresidencia para pedir explicacións do que estaba a suceder.

Minutos mais tarde acceden a recibirnos indicándonos que non contaban con nos alí para a reunión. Estando nos na convocatoria de reunión e aparecendo na firma do Protocolo.

Dende a parte traballadora somos coñecedores de que a nota de prensa que enviou a Xunta de Galicia poñendo de manifesto que os bombeiros non queremos adherirnos a esa firma ten a única pretensión de desacreditarnos diante da cidadanía e tapar a ineptitude da Administración para resolver este conflito e demostra a incapacidade de prestar o servizo que teñen encomendado.

Todo este protocolo que agora presentan non cambia en nada a situación dos Parques nin dos Bombeiros. Teñen a intención de negociar e de darnos algo que xa é noso por lei, que non é outra que a condición de laboral fixo e as condicións que xa deberíamos ter dende fai uns anos atrás e que nos estiveron negando.

Están xogando a ruleta rusa cos peches de Parques de Bombeiros, que os decreta a Administración polo mal dimensionado que ten o servizo e a precaria situación na que están os seus traballadores. Queren agachar na convocatoria de folga por parte dos traballadores a incapacidade manifesta dos Consorcios para a prestación do Servizo.

Hoxe, co menosprezo recibido os representantes dos bombeiros que non deixa de ser un menosprezo os 500 bombeiros comarcais que hai en Galicia, non nos queda mais que pedirlle a Administración e ós Políticos que as dirixen que fagan autocrítica, que convoquen de novo os representantes dos traballadores, e que en verdade queiran solucionar este problema deixando de lado todo o que non sexa importante para arranxar este conflito que vai camiño de enrudecerse.

O que comprometen tiña que estar feito dende fai mais dun ano e o que queren negarnos son as condicións dignas que todo traballador debe ter. Teñen as ferramentas e a disposición dos traballadores para poñerlle solución o conflito, que o fagan dunha vez e deixen de enviar notas de prensa para desacreditar os traballadores ós que cando lles interesa lles colocan medallas e se arriman para saír na foto. Agora é cando hai que saír na foto, iso é o que teñen que entender os nosos rexedores.

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario