A Coruña acollerá os días 1, 2 e 3 de setembro a duodécima edición do Encontro Artes pola Integración

por Redacción A Coruña

Os días 1, 2 e 3 de setembro, A Coruña acollerá o XII Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes.

Entre as diferentes facetas desta cita integradora e transformadora – que conta co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Gadis ou Estrella Galicia – destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos.

Este evento arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o venres 1 de setembro ás 19:00 horas, coa presentación do festival para, a continuación, asistir a tres representacións teatrais: a peza curta “O meu lugar!” – dirixida por Rebeca Ponche e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez – baseada na obra “A tempestade”, de William Shakespeare, a peza “Tuétano”, de ExperimentaDanza, versión longa da obra “Non me toques o segredo” representada na pasada edición do festival, e “Mordiendo la verdad. Recuperando la memoria de las mujeres”, de Palomica Lloca Producciones, un premiado espectáculo que combina teatro, música, danza y poesía visual.

 /></p><p>A primeira xornada do XII Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin co “Encontro de videodanzas e diversidade”, unha colección de proxectos de linguaxe audiovisual en colaboración co prestixioso Fiver Internacional Dance Film Festival.</p><p>O sábado 2 de setembro o evento trasládase ao Centro Ágora onde, ás 16:00 horas, se inaugurará a exposición “A mocidade crea”, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreaciones realizada por adolescentes.</p><p>Ás 16:40 horas dará comezo a “Asemblea Diversa”, nesta edición centrada nos museos como espazos e referencias terapéuticas, onde coñeceremos as experiencias de Rebeca Ponche, especialista en artes terapéuticas, Juan García Sandoval, Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, Karen Lund Orbeta. arteterapeuta especialista en arte e museos, Encarna Lago, Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, e a doutora Alexandra Gerstain, do CourtLaud Museum de Londres. A “Asemblea Diversa” rematará cun obradoiro experiencial</p><p><img data-lazyloaded=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario