O concelleiro responsable da área de Servizos sociais, Gustavo Díaz denuncia que, a pesar de que existía o compromiso, as persoas con mobilidade reducida seguen sen dispoñer de dispositivos adaptados para o baño na piscina exterior de Frigsa
No mes de outubro de 2022, a preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular, a concelleira sra. González Abelleira afirmaba en comisión que “a grúa estará dispoñible dende o primeiro día de apertura das instalacións”.
A día de hoxe, 2 de agosto, estas instalacións seguen sen estos dispositivos co conseguinte impedimento de acceso ao vaso para as persoas que teñen limitada a súa mobilidade.
Lugo debe contar cuns servizos axeitados para toda a veciñanza, polo que a piscina de verán de Frigsa tamén debe contar cunha grúa moderna que sexa útil para que calquera persoa que o precise poda empregala para facer uso do vaso de baño.
Gustavo Díaz pregunta ao goberno local se realmente pensan que Lugo é unha cidade amigable coas persoas se non facilitan a accesibilidade a un servizo fundamental no verán como é a piscina pública.
Os concelleiros Gustavo Díaz e Antonio Ameijide visitaron outras instalacións da provincia que dispoñen deste tipo de dispositivos para o baño.