O PP esixe a PSOE e BNG que “se deixen de rir de Becerreá e se poñan a traballar para abrir xa a residencia”

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide acompañado polo deputado Jesús Manuel Núñez, mantivo un encontro co voceiro popular de Becerreá, José Fernández Carrete, no que visitaron a futura residencias de maiores da vila e onde este lle amosou a súa preocupación pola falta de avances na apertura tras máis de 2 anos dende o remate da obra

Ameijide afirma que “non hai xustificación posible” para explicar o atraso na apertura da residencia de Becerreá e na finalización das pequenas obras e suministros pendentes  para a posta en servizo, “non queremos que se converta nunha desas infraestruturas que non se remataron ou non se abriron a tempo e que sufriron danos por non darlles uso”.

Os deputados populares lamentan que os veciños da comarca sigan agardando por una “dotación fundamental para a zona” xa que, seguramente, a residencia non se puxo en servizo como vinganza de Tomé e o PSOE a Manuel Martínez trala súa saída da formación socialista, “actitudes mafiosas e vingativas do PSOE que pagan todos os veciños da comarca”.

O voceiro do PP en Becerreá, José Fernández Carrete, amosou a súa preocupación pola falta de avances na apertura desta infraestrutura que “é fundamental para a comarca e os seus veciños” xa que “vivimos nunha zona na que hai moita xente maior, polo que precisamos deste tipo de dotacións”

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, esixe ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, a finalización das obras e a posta en marcha da residencia de Becerreá, “unha infraestrutura fundamental para a comarca da montaña luguesa” xa que a súa oferta é de 136 prazas (96 de residencia e 40 de centro de día).

O voceiro popular fai esta reclamación despois de manter un encontro con membros do PP de Becerreá, entre os que se atopaba o voceiro popular neste municipio, José Fernández Carrete, que explicou a “importante necesidade” de que se abra no menor prazo de tempo posible esta residencia.

Neste senso, os deputados populares explican que pedirán ao goberno provincial o remate das obras e a apertura da residencia. Segundo os datos aos que tiveron acceso os populares, aínda falta por rematar a cociña, mobiliario e rematar os traballos para conectar o edificio á rede eléctrica, ademais de que a Deputación de Lugo solicite á Xunta o PIA.

Ameijide recorda que para o Partido Popular a residencia de maiores de Becerreá sempre foi unha prioridade e “aí están todas as iniciativas que defendemos na Deputación para acadar prazos concretos e compromisos para a apertura desta infraestrutura, pero o tempo demostro que para quen non é unha prioridade é para José Tomé e o PSOE, seguramente como vinganza polas leas internas que tiveron no partido socialista hai varios anos, non é de recibo que as vendetas do PSOE as teñan que pagar os veciños de Becerreá e toda a comarca”.

Os populares amosaron a súa preocupación ante a falta de avances na apertura da residencia de Becerreá, polo que valorarán a posibilidade de elevar a pleno unha nova iniciativa para acadar un compromiso real do goberno provincial xa que “cando dende o PSOE necesitaron os votos do PP para apoiar a construción desta residencia tivemos altura de miras e votamos a favor desta residencia, polo que seguiremos defendendo o seu remate e posta en servizo”.

Pola súa banda, o voceiro popular en Becerreá, José Fernández Carrete, amosou a súa preocupación pola falta de avances na apertura desta infraestrutura que, recordou, “é fundamental para a comarca e os seus veciños” xa que “vivimos nunha zona na que hai moita xente maior, polo que precisamos deste tipo de dotacións. Instamos á Deputación de Lugo a que teña altura de miras e pense nos veciños de Becerreá e a comarca, que teñen dereito a este servizo de proximidade e que todos merecemos”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario