Este luns comeza o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico 2023

por Redacción A Coruña

Durante sete días, até o domingo 13 de agosto, a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun centenar de propostas: exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, visitas, mesas redondas, etc.

Hoxe arranca o 26º Salón Internacional do Cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico 2023. Durante os próximos sete días, até o domingo 13 de agosto, a cidade herculina convértese na capital universal da banda deseñada, con máis dun centenar de propostas artísticas, que inclúen exposicións, sinaturas con autorías de referencia do sector, música, un ciclo de cinema de animación, obradoiros infantís e profesionais, visitas guiadas, mesas redondas, etc.

O programa de Viñetas 2023 previsto para este luns, 7 de agosto, propón, ademais da apertura das súas sete exposicións, o primeiro dos obradoiros infantís de Viñetas Lab, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, ás 19.00h, e o concerto de Hongo, ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde, ás 21.00h, no Teatro Colón.

A Rúa da BD, que reúnen máis de 40 stands profesionais de editoras e librarías coa mellor selección editorial de banda deseñada de hoxe e de sempre, comezará a súa andaina de 18.00 a 21.00h e, nesta tarde de luns, contará coas sinaturas de Jorge Campos (Anaya), Paula Chesire (Fandogamia) e Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias (T-Raptor Editorial).

PROGRAMA ACTIVIDADES LUNS 7 DE AGOSTO

EXPOSICIÓNS VIÑETAS 2023

https://www.vinetasdesdeoatlantico.com/exposicions/

CONCERTO DE HONGO, ILUSTRADO POR PAZ RODRÍGUEZ, LUIS YANG E JULIA ABALDE

Luns 7 de agosto, ás 21.00h. No Teatro Colón

Música e ilustración danse a man nun espectáculo que lle poñerá a guinda á xornada inaugural  deste Viñetas 2023. Este concerto ilustrado contará con música en directo a cargo da banda coruñesa Hongo, que será ilustrado ao vivo por tres queridos autores do panorama da autoedición de banda deseñada coruñesa: Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde. A execución das ilustracións por parte dos artistas será proxectada en tempo real no Colón mentres a banda actúa.

VIÑETAS LAB

No Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez

HORARIOS E IDADE

Luns 7 de agosto, 19.00h. Martes 8 a venres 11, 18.00 e 19.00h. Sábado 12 e domingo 13, 12.00, 18.00 e 19.00h. De 6 a 12 anos.

INSCRICIÓN

15 prazas en cada obradoiro, con inscrición previa a través do correo ludidactica@gmail.com e no propio Palco da Música antes de cada obradoiro sempre que houbese prazas libres.

Viñetas estrea unha nova actividade lúdica orientada ao público infantil este 2023. A iniciativa Viñetas Lab reúne un total de 15 obradoiros, dunha hora de duración, que celebraranse no Palco da Música Xardíns de Méndez Núñez, especialmente decorado e acondicionado para a ocasión. O programa de Viñetas Lab extenderase ao largo de todo o festival, do 7 ao 13 de agosto. As protagonistas das actividades serán as famosas esculturas de Viñetas desde o Atlántico que reproducen personaxes de tebeo como Lucky Luke, Os Simpson, Pitufina, Carpanta, Esther, Spiderman, Batman ou Mortadelo e Filemón, entre moitos outros, todas elas presentes nos xardíns onde terán lugar os obradoiros. A dinámica da actividade consistirá nun xogo colaborativo no que as nenas e os nenos introduciranse nos universos creativos destas personaxes de ficción, para logo desenvolver as súas propias historietas, nas que mesturarán estes personaxes que nunca antes conviviron todas xuntas nun mesmo tebeo.

Foto portada: Vanessa Rábade

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario