Un arquitecto especialista neste tipo de infraestruturas revisou os piares da ponte
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou sobre a concesión das obras de consolidación da Ponte Romana de Lugo que «garanten a integridade da estrutura logo dos danos producidos nos seus tallamares», indicou.
A concelleira explicou que as obras de consolidación de ditos tallamares da Ponte Vella sobre o río Miño, «consisten inicialmente en repoñer os sillares perdidos durante o último inverno para evitar o seu colapso e os posibles danos que as crecidas puideran producir nas pilas». Maite Ferreiro insistiu na «necesidade de que estes traballos se executen antes da finalización do período de estiaxe do río e do comezo do novo ano hidrolóxico en outubro».
De non procederse á súa inmediata reparación, explicou Maite Ferreiro, «podería verse comprometida a estabilidade das pilas ante as eventuais futuras crecidas do río e impactos de arrastres, poñendo en grave risco a integridade da estructura». A concelleira lembrou tamén a importancia histórica da infraestructura, «dotada de protección integral que forma parte do Camiño de Santiago, Ben de Interese Cultural, e que se atopa encravado dentro dunha zona Red Natura 2000, en concreto na Zona de Especial Protección dos valores Naturais (ZEPVN) Parga-Ladra-Támoga».
A ponte xa sufrira danos hai un tempo, feito polo que o Concello de Lugo xa intervira a raíz das intensas chuvias rexistradas nos meses de inverno e que implicaron a caída e o arrastre de árbores ao longo da ribeira do río. A finais de xullo, explicou Maite Ferreiro, aproveitando o baixo nivel das augas habitual de esta época del año, a Concellería de Medio Ambiente retirou os troncos que permanecían encaixados para «posteriormente proceder a avaliar os danos que afectaron a tres tallamares nos que faltan varios sillares de pedra, quedando expostos á acción da auga», especificou.
A Concellería de Infraestructuras será a responsable da súa reparación nunha obra que terá unha duración prevista dun mes e cun orzamento estimado de 76.070,57, informou Maite Ferreiro.