Besteiro fai dende o Festival de Cans un chamado a favor da cultura e contra a censura «que impoñen a dereita e a ultradereita en Europa»

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe o Festival de Cine de Cans -Porriño-, dende onde fixo un chamado para “poñer freo á involución cultural do audiovisual e a censura que impoñen a dereita e a ultradereita en Europa”. Besteiro estivo esta tarde no Festival xunto co candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, que reivindicou o apoio do goberno de España á cultura grazas aos fondos europeos.

Gómez Besteiro defendeu Cans como “referencia obrigada para o audiovisual galego”, dende onde pediu “moitos anos máis para o audiovisual tamén en Galicia”, que se está a impoñer como “referencia non só en España, senón tamén no eido europeo e internacional”. “Máis cine, máis audiovisual e menos censura cultural”, apuntillou o líder dos socialistas galegos.

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, explicou que o audiovisual “ten medrado moito tamén apoiado polas políticas europeas e do goberno de España”, que pasou de dedicarlle 600 millóns de euros en todo o Estado cos gobernos do PP a superar os 1.300 dende a chegada de Pedro Sánchez. Explicou que o actual goberno socialista é o único de Europa que conta cun apartado específico para a cultura.

Comprometeuse a apoiar este Festival “e tódalas expresións culturais”, e desafiou ao PP a “vir a Cans a dicir que o Plan de recuperación no é bo para a cultura e que os fondos non valen para nada e por que quixeron paralos en Europa”.

Comparte éste artículo
2 Comments