A Xunta ofrecerá un servizo especial de autobús durante as festas de Santa Cruz, no concello de Oleiros

por Redacción A Coruña

Así, na madrugada dos días 19, 20, 22 e 23 de agosto ás 3:30 horas haberá un servizo con saída da Gasolineira Santa Cruz cara Entrexardíns.

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Gasolineira Santa Cruz, Coruxo, Liáns, Bastiagueiro, I.N.E.F., As Covas, Escorial, Parador, Perillo Sta. Cristina, Santa Xema, Xesuítas A Coruña, Materno A Coruña, CHUAC, Os Castros, A Gaiteira, Costa Palloza 4 / 5, Praza De Ourense, Entrexardíns.

O obxectivo é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.

Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario