II Feira do Libro Raio de Sol Café Bar, en Coiro, A Laracha

por Redacción A Coruña

O domingo, 27 de agosto, celebrarase a II Feira do Libro Raio de Sol, unha cafetería situada en Coiro, A Laracha.
A feira comezará ás 16.30 horas coa exposición dos traballos. A presentación comezará ás 17.30 horas.
Nesta ocasión estarán na feira presentando, vendendo e asinando as súas obras:
 width=

Julia Peña, de Soandres, A Laracha, preséntanos a súa novela «La niña del relicario»

 width=

.Graciela Rabuñal, nacida en Uruguai, actualmente residente en Arteixo, achéganos unha suxestiva novela, “Una mujer desmesurada» 

 width=

A carballesa Margoth Costa achéganos misterio e intriga coa súa saga de Los Salvatore, «Intrigas escuras» e «O puñal sagrado», e as aventuras con «Gritos desde la Halja«.

 width=

Xabier Maceiras, de Arteixo. ¿ Que dicir de Xabier? Recoñecido investigador da historia da Arteixo e arredores, cunha ampla colección de obras, como «Crónicas de Arteixo I, II e III», Contos mariños de Carballo», «100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha» e que agora presenta  un gran traballo de investigación, «Os bailes dos Avós, música e salóns da Laracha de antano.

 

 width=

Francisco González Tejera, máis coñecido como Pako González, nado en Canarias, activista social e escritor, autor de dous libros sobre a represión fascista nas illas . «Tormenta en la memoria», «Semilla de memoria» e «El viento más rebelde»

Posteriormente publicou «Fragmentos de rebelión», e «Señales del alba» na portada e protagonizada por unha foto do seu avó, asasinado polo fascismo, e que aínda está soterrado nunha fosa común. no cemiterio da Vegueta, nas Palmas de Gran Canaria, xunto a outros que foron sometidos a represalias.

Ademais, salvo contratempos, haberá un posto de venda na Librería Pondal.
Azu agarda,  «que esta nova feira  sexa unha experiencia tan marabillosa como antes, e seguiremos espallando a semente».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario