Antonio Ameijide cre que estes traballos se están a facer «pola porta de atrás, como se os quixeran facer a escondidas» e avanza que «pediremos explicacións e, no caso de que haxa irregularidades, esixiremos responsabilidades»
O popular pregúntase se a Deputación de Lugo ten os permisos para realizar estes traballos
Ameijide: «Parece que tanto a Deputación coma o Concello teñen moi clara a súa política, a de desertizar, eliminando calquera vestixio de zona verde en todo casco urbano»
O popular considera que «chama a atención a defensa do medio ambiente por parte do presidente e da alcaldesa para impedir e boicotear a rolda leste, pero que agora en pleno casco histórico, non teñan reparos en acabar coas árbores a escondidas»