O delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, realizou hoxe a súa primeira visita oficial ao Concello de Antas de Ulla, onde foi recibido pola alcaldesa, Pilar García Porto, e a corporación municipal.
García Porto trasladoulle a Pedro Blanco a importancia dos proxectos para renovar a Casa da Cultura e a Praza Nova de Antas de Ulla, ambos en perigo “pola neglixencia do anterior goberno local”.
No caso da Casa da Cultura, trátase dunha subvención de 816.000 euros de fondos europeos correspondentes ao Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locales (Pirep Local) do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).
“Atopámonos o mes pasado con que este proxecto leva máis dun ano de retraso e teríamos que ter as obras de reforma rematadas e xustificadas en setembro do 2024”, lembra a alcaldesa, que engade que “hai un ano xa tiña que estar feito o proxecto básico e entregado ao ministerio, pero o concello nin sequera se dera de alta nos programas de tramitación”.
É unha actuación de rehabilitación enerxética e de fachadas e cuberta para renovar a Casa da Cultura e darlle un mellor servizo ás asociacións do concello.
A segunda subvención era dentro dunha liña de axudas para o apoio á actividade comercial en zonas rurais do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos europeos.
Outros 400.000 euros para acondicionar o espazo e humanizar o entorno da Praza Nova de Antas de Ulla. O anterior goberno local non presentou en prazo a documentación requerida, polo que o ministerio deu por “desistida” a solicitude.
“Imos presentar un recurso para intentar salvar a axuda”, explica García Porto, que agradeceu a receptividade do delegado do goberno na súa visita de hoxe ante as demandas do concello.
O abandono do anterior alcalde fai peligrar os dous proxectos, que suman 1300.000 euros de investimento en Antas de Ulla
García Porto trasladoulle a Pedro Blanco a importancia dos proxectos para renovar a Casa da Cultura e a Praza Nova de Antas de Ulla
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario