A Deputación de Lugo condena as manifestacións de Luis Rubiales

por Redacción Lugo

A Deputación de Lugo manifesta a súa máis enérxica repulsa contra as manifestacións que fixo este venres o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, intentando culpabilizar á vítima, e atacando e desprezando ao feminismo.

Unhas manifestacións que agravan aínda máis o deplorable comportamento que vén demostrando dende o pasado domingo, machista e prepotente, que resulta inaceptable e incompatible coa representación que ostenta.

Debe dimitir xa, e confiamos en que se adopten as medidas máis contundentes contra uns feitos que dende a Deputación de Lugo seguiremos loitando para erradicar de todos os ámbitos da nosa sociedade, así como para seguir avanzando cara a igualdade real e efectiva das mulleres.

Instamos ao Goberno de España a que utilice os resortes legais ao seu alcance para inhabilitar a un señor que confunde o perdón e a desculpa coa prepotencia e co machismo mais rancio, culpando aos demais dos seus mal comportamentos, que son socialmente inaceptables, e facendo ofertas con diñeiro público da Federación para comprar vontades.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario