El RC Deportivo muestra su rechazo al comportamiento de Luis Rubiales contrarias a los valores de igualdad y respeto institucional y personal que debe regir el fútbol

por Jorge García

O RC Deportivo quere facer público o seu total rexeitamento á actitude demostrada nos últimos días polo presidente da RFEF, Luis Rubiales, contraria aos valores de igualdade e respecto persoal e institucional que cremos debe representar, transmitir e impulsar o fútbol.

Desde o máximo respecto ás institucións que rexen o noso deporte, o RC Deportivo cre que é un deber manifestarse como Club ante unha situación insustentable e solicitar que se tomen decisións contundentes desde os organismos competentes.

O RC Deportivo felicita á selección española, que acaba de conseguir un extraordinario éxito para o fútbol español e un enorme impulso para todo o fútbol feminino e os seus equipos, entre eles o Deportivo ABANCA.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario