Borja San Ramón (Podemos Galicia) demanda a Xunta “limpar o deporte galego de machismo e corrupción, comezando por Louzán”

por Redacción Galicia

O Coordinador Nacional da forza morada tamén instou ao Secretario de Deportes José Ramón Lete Lasa a creación de un Protocolo contra o Acoso e as Violencias Sexuais. Borja San Ramón reclamou á Xunta que “asuma o clamor social contra o machismo no fútbol e faga a súa parte”. O líder de Podemos na comunidade autónoma referíase así ao Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, de quen considera que “non pode saír impune despois da súa   defensa pública dun acto de agresión machista”. O dirixente morado aseverou que “intentar quitar importancia á agresión de Rubiales a unha xogadora ou aplaudir o seu discurso vergoñento onde culpabiliza á vítima son motivos suficientes para ser considerado parte do problema”. San Ramón esixiu ao Secretario de Deportes José Ramón Lete Lasa a “cumprir coa lei” xa que, “estando Louzán inhabilitado para exercicio dun cargo público non podería  presidir a Federación segundo os estatutos da mesma”. O líder de Podemos referíase así á condena  por prevaricación e fraude que pesa sobre o dirixente do fútbol galego pola concesión de varias subvencións para a construción duns campos de fútbol na época na que presidía a Deputación de Pontevedra. “Xa é hora de limpar o deporte galego de machismo e corrupción, comezando por Louzán. Cada día que segue no cargo despois de defender a quen defendeu, é un novo insulto ao deporte galego, especialmente o deporte  feminino”Dende a formación tamén reclaman á Secretaría de Deportes autonómica que se estableza “un Protocolo contra o Acoso e as Violencias Sexuais no Deporte, para evitar que situacións coma as do pasado domingo volvan a ocurrir”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario