Pechados os parques de Bombeiros Comarcais de Cee, Ordes e Riveira por incompetencia da Xunta e Deputación.

por Redacción Galicia

Logo do lamentable episodio vivido na xornada de onte en O Carballiño, onde se considerou por parte do Consorcio de Extinción de Incendios de Ourense que un único bombeiro sería suficiente para prestar o servizo a 23 concellos da contorna (insultando así ao dereito que ten a cidadanía a que se lle preste un servizo de emerxencias debidamente dimensionado), hoxe volve repetirse novamente unha clara mostra de ineptitude por parte da Administración, nesta ocasión na provincia coruñesa.Nesta xornada o Consorcio de Extinción de Incendios e Salvamento, dependente de Xunta e Deputación Provincial, debera garantir coma sempre a prestación dos servizos mínimos nos 10 parques de bombeiros que del dependen. Debido á incompetencia que están a amosar os xestores do Consorcio coruñés, entre as 9 da mañá de hoxe e ata as 9 da maña do 28, tan só hai persoal de bombeiros dispoñible en toda a provincia para garantir a prestación do servizo en 9 dos 10 parques que dependen desta entidade. Máis dende a Xerencia desta administración, a pesares de contar cos efectivos suficientes para abrir eses 9 parques, decidiron que hoxe 27 de agosto, foran 3 parques os que deixaran de prestar os servizos en toda a provincia, optando por pechar a maiores 2 parques que non terían porque baixar a reixa.

Así pois, nesta xornada están pechados os parques de Bombeiros Comarcais que teñen as súas sedes en Cee, Ordes e Riveira.

Dende a representación dos traballadores descoñecemos o motivo, non sendo a falta de competencia, polo que se opta por pechar o (30%) dos parques do Consorcio da Coruña, pero queremos facer partícipes aos veciños destas comarcas das neglixencias e atropelos que se están a acometer por parte de Xunta e Deputación, privándolles dun servizo esencial de emerxencias por motivos que non alcanzamos a entender.

De calquera xeito, dende o colectivo de bombeiros queremos, unha vez máis, denunciar publicamente esta situación, que atenta contra os dereitos da veciñanza á que nos debemos, insistindo no feito de que, a pesares de estar en folga autonómica dende o día 15 de xuño, ningún dos 500 bombeiros afectados exerceu o seu dereito a secundala, non sendo atribuíble á folga dos traballadores o peche de ningún dos parques ata o de agora.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario