El RC Deportivo regresó al trabajo esta tarde después del empate del sábado ante el Rayo Majadahonda

por Jorge García

O Dépor arrincou a semana cun adestramento vespertino hoxe luns de activación, marcado polo persistente orballo e unha fresca temperatura a pesar de ser aínda o mes de agosto.

Imanol Idiakez vai de menos a máis con toda a semana por diante; e dispuxo dunha activación, rondos e unha tarefa de posesión de balón.

Así pois, Os Nosos póñense ao choio para, segundo expresaba Míkel Balenziaga na zona mixta o pasado sábado após o choque ante o CF Rayo Majadahonda, «xogar como hoxe. Se o facemos así imos gañar moitos puntos e imos ser un equipo moi fiable».

Pablo Martínez e Barbero realizaron hoxe tarefas de recuperación supervisadas polo readaptador Álex Canosa entre o ximnasio e sala de fisioterapia.

Mella, Barba, Jairo, Martín Ochoa e Diego Gómez, o cinco canteiráns presentes en ABANCA-RIAZOR o pasado sábado ante o conxunto madrileño, nun partido que ademais supuxo o debut de Martín Ochoa en partido oficial co Deportivo, foron hoxe os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá martes, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas, con almorzo para o cadro ás 8:30.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario