Mercedes Queixas pregunta ao goberno local sobre a falta de salubridade nos soportais do Teatro Rosalía

por Redacción A Coruña

A concelleira do BNG da Coruña, Mercedes Queixas, acaba de rexistrar unha pregunta por escrito dirixida ao Goberno Local sobre a falta de salubridade nos soportais do Teatro Rosalía de Castro

Con esta iniciativa a edil nacionalista empraza o Executivo local a que atenda “as situacións de exclusión social” que  padecen algunhas persoas que frecuentan a zona.

“A presenza continuada de persoas que xeran ruídos, dormen, beben ou ouriñan na vía pública, está a provocar conflitos e altercados na contorna do teatro Rosalía de Castro” que perturban a convivencia veciñal e afectan o “desenvolvemento comercial desta zona tan turística”,

A través desta pregunta, o BNG quere saber “que accións está a levar a cabo o Goberno Local” para garantir as condicións de hixiene nun edificio emblemático da cidade e para atender a situación de exclusión social que atinxe a algunha das persoas que alí se dan cita.

Entre outras cuestións, Queixas pide información sobre como está a velar o Goberno Local polo cumprimento das ordenanzas municipais no que atinxe ao coidado do Rosalía e a súa contorna.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario