Resposta da ORGACCMM aos continuos ataques do Presidente da Xunta e Conselleiro de Medio Rural, quen en declaracións públicas afirmaron apoiar aos usurpadores de terreos de monte veciñal e amenazaron con cambiar a lexislacion actual se a Xustiza segue fallando a prol das Comunidades de Montes.
En recentes declaracións públicas, feitas polo Conselleiro do Medio Rural e máis polo Presidente da Xunta de Galiza, o Partido Popular ven de confirmar a súa intención de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais. O Partido Popular posicionouse a prol da Plataforma Galega de afectados polas comunidades de montes, empresarios e particulares, que reclaman a propiedade dunhas terras vendidas ou cedidas polos concellos, que non eran titulares, senon usurpardores das mesmas.
Co fin de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, tanto ao Conselleiro do Medio Rural como ao Presidente da Xunta de Galiza, non lles importa saltarse a lexislación vixente sobor os montes veciñais. O primeiro criticando as sentenzas da Xustiza que fallan a favor das comunidades de montes e obrigan a devolver o territorio usurpado á veciñanza. O segundo xustificando a usurpación co argumento de que non é licito devolver estas terras ás comunidades de montes porque desde hai anos están empleados en outros usos distintos. O Conselleiro do Medio Rural quere impedir a aplicación do carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais, xa que a imprescritibilidade dos montes veciñais fai que a antiguedade da usurpación non sexa fundamento de dereito para protexer ao infractor e permitir a impunidade da usurpación.
O Presidente da Xunta de Galiza obvia a vixente lexislación de montes veciñais e un número importante de sentezas que confirman que, independentemente dos usos actuais, son montes veciñais en man comúns ,os que se demostren que foron usados e aproveitados pola veciñanza comuneira, non entendida como un ente administrativo, senon como grupo social.
A Consellaría do Medio Rural sabe moi ben que non se poderán legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, mentres non se elimine o carácter de titularidade xermánico dos montes veciñais. Por iso, que no chamado Libro Blanco, sobre a reforma da regulación dos montes veciñais en man común da comunidade autónoma galega, se contempla a eliminación do carácter mediante a consideración de veciñanza comuneira a persoas que non viven no lugar, aldea ou parroquia no que se asenta o monte veciñal. Dotando as comunidades de montes de personalidade xurídica e sacando da consideración de monte veciñal a aqueles montes veciñais que, segundo o criterio da Consellería, non teñan aproveitamento forestal.
Un chamado Libro Blanco que comenza con unha mentira, xa que na súa portada afirma que no mesmo recollense as achegas recibidas no proceso de participación pública do mes de Abril de 2022. Isto é mentira xa que o chamado Libro Blanco non recolle as achegas da Organización Galega de Comunidades de Montes.
Entre as aportacións da ORGACCMM, unha que solicitaba que a futura lexislación sobre os montes veciñais en man común contemplase a declaración de nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos que se levaron adiante nos montes veciñais. Solicitude que está tamén recollida na proposta para unha lei de montes veciñas contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada no Parlamento Galego co aval de 12010 sinaturas da veciñanza comuneira e da sociedade galega.