Isaac Díaz Pardo miraba máis aló de fabricar platos

por Redacción Galicia

Que a declaración como Ben de Interese Cultural do conxunto das Cerámicas do Castro non se cinga exclusivamente ao Museo, non é un capricho nin una cuestión menor. É recoñecer na súa xusta medida a creación cultural de Isaac Díaz Pardo, por enriba de otras consideracións de carácter empresarial ou persoal

Porque foi no Castro, na fábrica vella onde naceu a industria cultural creada por Isaac a finais dos anos 40, que deu lugar á planta de produción dos anos 60, cun valor histórico cando menos similar ao do museo.

Seguindo os criterios económicos que argumenta a propiedade, tampoco tería sentido a declaración BIC de Sargadelos en Cervo, recuperada por Isaac nos anos 60.

Non entramos a discutir as vicisitudes económicas polas que tivo que pasar a empresa, o que queremos é defender e non deturpar un legado cultural que está a ser posto en entredito desde posicións estrictamente mercantilistas, desprezando as aportacións de Isaac e Mimina, que teñen teñen máis que ver coa visión dunha Galiza grande e próspera que cunha simple fábrica de platos.

Instamos de novo ao governo da Xunta, que ten a competencia en materia de patrimonio cultural, a que amplíe a declaración como Ben de Interese Cultural a todo o conxunto de Cerámicas do Castro, a principal industria cultural galega do século XX.

No mesmo sentido, parécenos moi preocupante que a xestión do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside corresponda a quen amosa una visión radicalmente contraria, e que decidiu renunciar á misión cultural do grupo Sargadelos, traizoando os proxectos fundacionais de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.

Máis info

Foto portada: Areal

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario